“Miradas globais para outra economía”,
este venres 14 de Decembro, ás 20h na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9).
Este
libro presenta o éxito de 15 experiencias de Economía Solidaria en todo
o mundo: 5 do estado español, 5 de África e 5 de América Latina.
Queremos mostrar iniciativas e experiencias de éxito que demostran que non so é
posible unha economía diferente guiada por valores como a xustiza, a
solidariedade, a participación, a cooperación, a comunidade e a
sustentabilidade, senón outro xeito de consumo que se enfronta ó modelo e á lóxica capitalista.
Exemplos de éxitos de cooperativas de producción que nacen como froito
da crise dunha empresa, redes de cooperativas labregas, creación de
pequenas empresas de reciclaxe, os beneficios a través das redes de
comercio xusto ou outros modelos de consumo enerxético.
Na presentación do Miradas Globais en Pontevedra contaremos con algúns protagonistas do libro: FIARE (banca ética), SOM ENERGIA (cooperativa de enerxía renovable) e unha experiencia de Economía Solidaria galega, AMARANTE Setem
(organización para a Solidariedade e o Ecodesenvolvemento), que nos
explicarán o funcionamento, características e resultados da súa
actividade.
Data: venres 14 de Decembro, ás 20 h.
Lugar: Casa das Campás, Rúa don Filiberto, 9.
Participan:
- FIARE, “a banca ética”, David Muñiz.
- SOM ENERGIA, “cooperativa de produción enerxía verde”, Ramón Carmelo.
- AMARANTE Setem, “os beneficios do comercio xusto”, Eva Blanco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario