jueves, 29 de noviembre de 2012

XA TEMOS UN LUGAR PARA QUE NOS PODAS VISITAR!!!!

OLA A TODOS, DESPOIS DE LEVAR UN TEMPO COMO TENDA VIRTUAL , AGORA TAMÉN TEMOS UN LOCAL PARA CHARLAR E REUNIRNOS E PODER MIRAR MELLOR OS PRODUTOS .

ESTAMOS EN ERNESTINA OTERO,Nº 43, EN REDONDELA.

CERCA DA PLAZA DE ABASTOS , HAI UNHA PARADA DE AUTOBUS , ESTAMOS DETRAS NO SEGUNDO PISO DUN LOCAL DE DIETETICA(naturhouse), TEDES QUE ENTRAR POR EL PARA SUBIR O SEGUNDO PISO.

ENCONTRAREDES O LOGO NA ENTRADA PARA SABER QUE ESTADES NO SITIO CORRECTO,

POR AGORA O HORARIO E:
                                 LUNS E VENRES : 17:00 A 20:30 
  
                                 SÁBADOS:            10.00 A 13:30  E DE 17:30 A  20:30, 

PARA RECOLLER UN PEDIDO OU UN PRODUTO EN CONCRETO PODEDES  VIR CALQUER DIA DA SEMANA MAÑAN OU TARDE NO HORARIO HABITUAL DO COMERCIO, PERO SE QUEREDES CHARLAR , PREGUNTAR SOBRE ALGUN PRODUTO, MELLOR O HORARIO ANTERIOR .

 VISÍTANOS E VEN A TOMARTE UN CHOCOLATE QUENTIÑO OU UNHA INFUSIÓN.
               


martes, 20 de noviembre de 2012

Con motivo do 20 de novembro, Día Mundial dos Dereitos da Infancia, a Coordinadora Estatal de Comercio Xusto (CECJ) recorda que na produción de artigos deste sistema comercial alternativo non se explota a nenos e nenas. Deste xeito, as organizacións de Comercio Xusto destacan a importancia de coñecer a procedencia e condicións nas que se elaboraron os artigos que consumimos e, deste xeito, evitar situacións que violan os dereitos da infancia.

http://www.alternativa3.com/assets/images/noticias/2012/palam-proyecto.jpg








Palam Rural Centre
Palam Rural Centre

Cooperativa formada por un grupo de familias Harijan, das castas máis baixas da sociedade hindú, no estado de Tamil Nadu, ao sur da India, os intocables. Os traballos realizados por estes grupos estiveron ligados aos elaborados en pel e afines. Malia ser considerado un dos peores traballos na sociedade hindú, para eles supuxo unha gran liberación do seu estado de pobreza absoluta.

Logo de 18 anos producindo para as redes de Comercio Xusto, conseguiron levantar un centro médico e escolas, algo impensable para esta casta noutros tempos. Isto permitiu a algúns fillos dos membros realizar estudos de grado medio.
 
Productos: derivados da pel ( bolsos, carteiras, cinturons, sandalias,..) e xabóns

 A finalidade do Comercio Xusto é combater a pobreza dos pobos máis desfavorecidos de América Latina, África e Asia. Ademais da ausencia de explotación infantil, os outros criterios que o definen son o pago dun salario adecuado aos traballadores, o mesmo para eles e elas pola mesma tarefa, condicións de traballo dignas, e a protección da contorna natural. En España existen 130 tendas e puntos de venda de Comercio Xusto e 11 tendas on-line gestionados polas organizacións membro da CECJ.

    Fonte: Coordinadora Estatal de Comercio Xusto