martes, 11 de septiembre de 2012

OS PRINCIPIOS BÁSICOS QUE HAI QUE SABER DA COSMÉTICA

 É importante, cando un vai o supermercado ou a comprar algunha crema tanto para adultos como para nenos saber cales son os compoñentes que un debe evitar ( os derivados do petroleo sobre todo que veñen con varios nomes diferentes e perfumes  sintéticos que tamén proceden do petroleo).

Aqui tenes algúns nomes que seguro que volos encontrades moi frecuentemente, dende xeles de baño, champus,xabóns, ... e sobre todo o que parece incrible, nos produtos para nenos: crema de pañal, aceites,xeles e champus "teóricamente" suaves para a pel dos nenos e su vos fixades nos ingredientes teñen o mesmo que calquer outro produto de adulto, ( PEG, e parabenes ...),

Que non  nos engañen tanto, nos podemos elexir, se he certo que algúns produtos poden ser mais caros, pero agora o aumentar o consumo dos produtos mais naturales, este xa está reducindose, votarlle unha ollada a cosmetica natural ( de comercio Xusto) de Equimercado, a sua calidade e prezos son moi vos e ademais tamén duran mais xa que o ser mais puros necesitas menos produto para notar resultados.


 Cosmética industrial

A cosmética industrial ou convencional é aquela que utiliza nos seus ingredientes compoñentes químicos sintéticos co fin de potenciar os efectos desexados dos produtos ou mellorar o seu aspecto ou textura. Estas sustancias proveñen na súa maioría de derivados do petróleo (aceites minerales, parafinas, propylene glycol), parabenes, siliconas, polietilenglicoles (PEG) e perfumes sintéticos. Estes ingredientes son susceptibles de provocar alerxias e irritacións na epidermis, especialmente nas máis sensibles.









  Cosmética natural

A cosmética natural, tamén coñecida como cosmética orgánica e ecolóxica, é aquela que emprega materias primas de orixe vegetal ou mineral na totalidade da súa composición ou polo menos nunha porcentaxe superior ao 95%. Os seus ingredientes deben excluír toda unha serie de compoñentes artificiais, como os derivados do petróleo (parafinas e perfumes sintéticos), as siliconas e calquera sustancia que poida resultar irritante, alergénica ou cancerígena. Tampouco permiten o uso de materias primas de orixe animal, fóra diso aquelas que proveñen de animais vivos, como o mel e a cera de abejas nin testan en animais. Os cosméticos naturais adoitan ter  maior afinidad coa pel, tanto pola ausencia de sustancias sintéticas que poidan causar irritación e descamación, como pola presenza de ácidos grasos, vitaminas e minerales que exercen un poder nutritivo sobre ela.

viernes, 7 de septiembre de 2012

DONDE MERCAR COMERCIO XUSTO?!!


Últimamente se vades a un hipermercado como CARREFUR OU ALCAMPO, podedes observar que tamén teñen produtos de COMERCIO XUSTO, a historia é que  a venda destes produtos nos grandes hipermercados non cumpren os principios básicos do comercio xusto podendo asi confundir ou desilusionar os consumidores.

Un dos principios do comercio xusto, entre outros, é o non enriquecemento a costa dos mais desfavorecidos, a non explotación do produtor, un prezo xusto para o produtor que  realiza o traballo mais importante...

Vos credes que os grandes hipermercados cumpren eses requisitos para vender produtos de comercio xusto.????

A introdución dos hipermercados dentro do comercio xusto provoca que pódese convertir no tipo de  comercio internacional co que estamos a loitar.

Como pode ser isto??
                 
                     As cooperativas ,asociacións ... que colaboran no comercio xusto, soen facer pequeñas producións, pequenos lotes para distribuir, xa que un dos lemas de comercio xusto e axudar os pequeños produtores, asociacións e non as grandes industrias ou empresas que xa teñen medios de por si para distribuir o seu produto.

Entón , aqui chega un gran hipermercado e solicita un gran lote de produto para a sua venda , hasta aqui non ahi problema , pero isto so e para provocar que o pequeno produtor ou cooperativa non poida abastecer os demais distribuidores provocando asi unha reacción en cadena na que a cooperativa deixa de traballar cos pequenos distribuidores e so se queda con un único distribuidor que é o hipermercado,

Unha vez que fai isto,  o hipermercado ten no seu poder o produtor ou a cooperativa , facendo asi  presión abusiva e de esixir un precio maisa barato ... e isto e o que esta ocorrendo na politica de comercio internacional,

Resumindo, si existe COMERCIO XUSTO, e seguirá existindo pero , algúns establementos ( os grandes hipermercados) , olvídanse da finalidade do comercio xusto, e so buscan ampliar o mercado de clientes, sin pensar nos abusos só por conseguir mais cartos.

aqui tedes algúns videos explicando isto



EN SETEMBRO ESTAREMOS EN :



DOMINGO DIA 9 DE SETEMBRO ESTAREMOS EN MOAÑA,
 PARTICIPANDO NO MERCADILLO ALTERNATIVO DE SAN BARTOLOMEU : VENTA DE PRODUTOS DE SEGUNDA MAN, VENTA DE PRODUTOS ESPAÑOIS, DE ARTESANS, RECICLAXE , TRUEQUE.....


ESTAREMOS NO   PORTO DE MEIRA (ILLA DE SAN BARTOLOMEU) MOAÑA

ANIMÁDEVOS A VIR. ESTAREMOS TODO O DIA


O SÁBADO 22 DE  SETEMBRO ESTAREMOS EN REDONDELA ,NA ALAMEDA DENTRO DA FEIRA DE INTERCAMBIO DE SEMENTES E MAIS POSTOS.