viernes, 7 de diciembre de 2012

Nova traxedia no téxtil en Bangladesh con 111 persoas falecidas

Nova traxedia no téxtil en Bangladesh con 111 persoas falecidas pola neglixencia criminal das multinacionais que producían neste fábrica PDF Imprimir Correo-e
Comercio Xusto no Norte e no Sur
bd20121125-aljazeeraO incendio producido esta fin de semana na fábrica do téxtil Tazreen Fashion en Dacca (Bangladesh), que producía para grandes multinacionais, é o derradeiro dunha xa longo historial de accidentes con víctimas mortais neste sector.
Esta fábrica no que morreron 111 persoas e hai centos de feridas está sita na Zona de Procesamento de Exportacións de Dacca, e producía roupa para C&A, Carrefour, KIK e Walmart segundo a propia web da fábrica. 

Este derradeiro incendio segue un patrón de neglixencia por parte das grandes marcas, no que levamos xa máis de 500 vítimas dende o 2006, dende o momento no que deciden traballar con estas fábricas sabendo nas condicións de precariedade nas que se atopan, e ao non abordar á cuestión de seguridade sinaladas nos anteriores incendios e demandas dende os distintos sectores, e isto failles responsables doutra tráxica perda de vidas, o que equivale a unha neglixencia criminal.

Acordo de Seguridade contra incendio nas fábricas do textil en Bangladesh
Asemade, dende hai máis dun ano a Campaña Roupa Limpa xunto con sindicatos de Bangladesh e internacionais e outras organizacións de defensa dos dereitos laborais asinan un “Memorando de Entendemento para a Seguridade nás fábricas en Bangladesh” que establece un plan de traballo que inclúe entre outros elementos, inspeccións independentes, formación e creación de comités de traballadores sobre temas de saúde e seguridade na que estarían as marcas internacioanais, fabricantes, sindicatos, governo e organizacións sociais.
Ata ó de agora sólo dúas marcas asinaron este acordo Tchibo e Tommy Hilfiger.
Neste país son 4.500 fábricas as que fornecen ás grandes marcas de roupa en na que case o 90% das personas que traballan son mulleres, xerando uns ingresos millonarios, namentras as traballadoras cobran 25-30 euros ó mes e no que agora tamén perden á vida no seu traballo. No que podemos falar doutro xeito de violencia de xénero.
Se se quere evitar traxedias como a de Bangladesh no futuro, as marcas de roupa e os comerciantes polo miúdo deben asumir a responsabilidade de mellorar as condicións laborais nas fábricas de todos os países onde se fornecen, facendo respectar as normas internacionais do traballo e traballando coas representantes das traballadoras e traballadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario