É importante, cando un vai o supermercado ou a comprar algunha crema tanto para adultos como para nenos saber cales son os compoñentes que un debe evitar ( os derivados do petroleo sobre todo que veñen con varios nomes diferentes e perfumes sintéticos que tamén proceden do petroleo).
Aqui tenes algúns nomes que seguro que volos encontrades moi frecuentemente, dende xeles de baño, champus,xabóns, ... e sobre todo o que parece incrible, nos produtos para nenos: crema de pañal, aceites,xeles e champus "teóricamente" suaves para a pel dos nenos e su vos fixades nos ingredientes teñen o mesmo que calquer outro produto de adulto, ( PEG, e parabenes ...),
Que non nos engañen tanto, nos podemos elexir, se he certo que algúns produtos poden ser mais caros, pero agora o aumentar o consumo dos produtos mais naturales, este xa está reducindose, votarlle unha ollada a cosmetica natural ( de comercio Xusto) de Equimercado, a sua calidade e prezos son moi vos e ademais tamén duran mais xa que o ser mais puros necesitas menos produto para notar resultados.
Cosmética industrial
A cosmética industrial ou convencional é aquela que utiliza nos seus ingredientes compoñentes químicos sintéticos co fin de potenciar os efectos desexados dos produtos ou mellorar o seu aspecto ou textura. Estas sustancias proveñen na súa maioría de derivados do petróleo (aceites minerales, parafinas, propylene glycol), parabenes, siliconas, polietilenglicoles (PEG) e perfumes sintéticos. Estes ingredientes son susceptibles de provocar alerxias e irritacións na epidermis, especialmente nas máis sensibles.
Cosmética natural
A cosmética natural, tamén coñecida como cosmética orgánica e ecolóxica, é aquela que emprega materias primas de orixe vegetal ou mineral na totalidade da súa composición ou polo menos nunha porcentaxe superior ao 95%. Os seus ingredientes deben excluír toda unha serie de compoñentes artificiais, como os derivados do petróleo (parafinas e perfumes sintéticos), as siliconas e calquera sustancia que poida resultar irritante, alergénica ou cancerígena. Tampouco permiten o uso de materias primas de orixe animal, fóra diso aquelas que proveñen de animais vivos, como o mel e a cera de abejas nin testan en animais. Os cosméticos naturais adoitan ter maior afinidad coa pel, tanto pola ausencia de sustancias sintéticas que poidan causar irritación e descamación, como pola presenza de ácidos grasos, vitaminas e minerales que exercen un poder nutritivo sobre ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario