viernes, 7 de septiembre de 2012

DONDE MERCAR COMERCIO XUSTO?!!


Últimamente se vades a un hipermercado como CARREFUR OU ALCAMPO, podedes observar que tamén teñen produtos de COMERCIO XUSTO, a historia é que  a venda destes produtos nos grandes hipermercados non cumpren os principios básicos do comercio xusto podendo asi confundir ou desilusionar os consumidores.

Un dos principios do comercio xusto, entre outros, é o non enriquecemento a costa dos mais desfavorecidos, a non explotación do produtor, un prezo xusto para o produtor que  realiza o traballo mais importante...

Vos credes que os grandes hipermercados cumpren eses requisitos para vender produtos de comercio xusto.????

A introdución dos hipermercados dentro do comercio xusto provoca que pódese convertir no tipo de  comercio internacional co que estamos a loitar.

Como pode ser isto??
                 
                     As cooperativas ,asociacións ... que colaboran no comercio xusto, soen facer pequeñas producións, pequenos lotes para distribuir, xa que un dos lemas de comercio xusto e axudar os pequeños produtores, asociacións e non as grandes industrias ou empresas que xa teñen medios de por si para distribuir o seu produto.

Entón , aqui chega un gran hipermercado e solicita un gran lote de produto para a sua venda , hasta aqui non ahi problema , pero isto so e para provocar que o pequeno produtor ou cooperativa non poida abastecer os demais distribuidores provocando asi unha reacción en cadena na que a cooperativa deixa de traballar cos pequenos distribuidores e so se queda con un único distribuidor que é o hipermercado,

Unha vez que fai isto,  o hipermercado ten no seu poder o produtor ou a cooperativa , facendo asi  presión abusiva e de esixir un precio maisa barato ... e isto e o que esta ocorrendo na politica de comercio internacional,

Resumindo, si existe COMERCIO XUSTO, e seguirá existindo pero , algúns establementos ( os grandes hipermercados) , olvídanse da finalidade do comercio xusto, e so buscan ampliar o mercado de clientes, sin pensar nos abusos só por conseguir mais cartos.

aqui tedes algúns videos explicando isto



No hay comentarios:

Publicar un comentario