lunes, 2 de julio de 2012


Alternativa3
Responsabilidad económica
14 / 09 / 2011
"Hagas lo que hagas en la vida será insignificante, pero es importante que lo hagas porque nadie más lo hará".
Mahatma Gandhi

Os sociólogos máis rebeldes aseguran que mentres siga funcionando o sistema monetario será imposible promover a eficiencia, a abundancia e a sostenibilidade. Os economistas máis radicais advirten de que, debido o nivel de endeudamento que arrastramos, podemos chegar a presenciar o colapso mundial do actual sistema financieiro. Sean certas ou non estas afirmacións, o fundamental é que reflexionemos acerca dos cambios e das transformacións que sí dependen enteramente de nos. Esta é a esencia da denominada "responsabilidade económica".

Se realmente queremos ser o cambio que queremos ver no mundo, o primeiro que podemos facer é reflexionar acerca de cómo estamos gañando os cartos que necesitamos para sufragar os nosos costes. En vez de traballar para saciar soamente o noso propio interés, podemos buscar a maneira de desarrollar unha "función profesional útil", orientada o ben común.É dicir, calquer ocupación laboral que aporte algún tipo de servicio, contribución, valor añadido, beneficio ou riqueza real para a sociedade.

Tamén é fundamental saber de qué maneira utilizamos os cartos. De ahí o crecemento do "consumo ecolóxico".O noso poder como ciudadanos xa non está tanto no  voto como no consumo. Cada vez que pagamos por algo estamos validando e aprobando a manera na que foi  producido. Esta nova forma de votar parte da premisa de que "os cartos son enerxía". Con cada euro que gastamos damos forza o comercio, a empresa, o  producto e o  servicio que compramos.

Ademáis, o consumo ecolóxico é o principal promotor do "comercio xusto" e da "producción ecolóxica e orgánica".
 Por un lado, o comercio xusto aposta por establecer una relación comercial voluntaria e igualitaria entre produtores e consumidores, de maneira que todos salgamos gañando. E dado que o mundo convertiuse nun gran mercado,a sua filosofía é " que a mellor axuda que as nacións desarrolladas poden proporcionar os países en vías de desarrollo é o establecemento de relacións comerciais éticas, xustas e respetuosas. Pola sua parte, a producción ecolóxica e orgánica é una firme aposta pola calidade e non tanto pola cantidade. De ahí que non utilice transxénicos nin pesticidas,sendo os produtos  naturales e menos dañinos para todos.

En paralelo e da man da revolución verde, a xestión de residuos e de reciclaxe estánse profesionalizando. Sen embargo, por máis nobles e beneficiosos que sean estos procesos para o planeta, non están orientados a solucionar o problema medioambiental. Céntranse en paliar os efectos da nosa maneira ineficiente e insostible de consumir, e non en solventar a sua auténtica causa: O hiperconsumismo. Esta é a razón pola que parte da nosa responsabilidade como consumidores consiste en disminuir e optimizar o noso consumo, logrando xerar menos residuos. Tanto é así, co principal eslogan ecolóxico dice o seguinte: "Reduce, reutiliza y recicla".

Nesta mesma línea encóntrase o "aforro consciente", que propón poñer o noso excedente de capital o servicio da humanidade. Eso sí, esta acción pasa irremediablemente por deixar de ser clientes da banca tradicional. E non por asuntos morales, senón por ser verdadeiramente coherentes cos nosos valores.O curioso é que, en xeral, non preguntamos o noso banco a qué destina os nosos aforros. Nosa preocupación soe centrarse nos intereses e na rentabilidade que nos ofrece. E este descoñecemento a veces xenera que os nosos cartos  invírtanse en sectores e actividades cas que non estamos dacordo.

O empezar a concebir o mundo como un organismo vivo onde todo está interrelacionado, de forma natural optamos pola "banca ética". E esta se distingue das entidades convencionais na naturaleza social dos proyectos que financia, no filtro ético das empresas nas que invirte e na transparencia das suas accións.
 Non destina nin  un solo euro a organizacións relacionadas co tráfico de armas, a explotación laboral, os combustibles fósiles petróleo, carbón e gas, os transxénicos ou a destrucción da natureza. En cambio, sí apoia todo tipo de proyectos sociais e ecolóxicos, promovendo a ocupación laboral de persoas con discapacidade o o desarrollo das enerxías renovables, entre moitos outros.

¿E qué hai das empresas? ¿Qué papel teñen na economía consciente? Pois aquel cos seres humanos cas creamos, diriximos e compoñemos queiramos darlle. Canto máis se desperte a nosa consciencia individual, máis rápidamente cambiará e evolucionará a mentalidade das organizacións, esencialmente para adaptarse e sobrevivir económicamente. É unha lei inmutable: as empresas non se transforman hasta que non o  fai primeiro os empregados e os consumidores. Así, o exercer unha profesión útil e facer un uso responsable e ético dos nosos cartos, estamos fomentando que as compañías impulsen internamente a "responsabilidade social corporativa". E esta consiste en alinear o afán de lucro coa humanización das suas condicións laborais e o respeto polo medio ambiente. Para logralo, as compañías teñen que ter como principal obxetivo crear riqueza para a sociedade e que o cartos cheguen como  resultado.

Borja Vilaseca  director do máster en Desarrollo Persoal e Liderazgo da Universidade de Barcelona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario