martes, 6 de mayo de 2014

Gracias a todos vos, o comercio xusto aumenta e melloran os traballos nas cooperativas

Este post, é para daros as gracias , por confiar nun comercio alternativo, xusto, sostible.......

Cada día, valórase máis os produtos de cooperativas, asociacións, ecolóxicos, naturais, sen aditivos en exceso.
Pero ademáis de decilo,tamén quero compartir esas melloras, como por exemplo:


A COOPERATIVA " EL PARAÍSO (MCCH), ECUADOR

Cultivan azúcre de caña biolóxica en pequenas parcelas familiares, donde extraen o xugo da caña e obteñen a panela. Nos últimos dous anos conseguíronse aumentar as compras de panela nun 45%.
Este aumento permitiu a incorporación de 80 familias máis na cooperativa, garantizándolles un prezo equitativo, un traballo digno e unha garantía de ingresos fixos durante todo o ano.

COOPERATIVA FEMININA AGRÍCLA AFOULKI (MARRUECOS)

Formada por 79 mulleres, recollen , extraen e comercializan directamente un dos mellores aceites de argán. A cooperativa está formada e xestionada só por mulleres e é a única fonte de ingresos de que dispoñen.A venta directa  ( sen intermediarios), cun prezo pactado e prefinanciado, permítelles aumentar os ingresos , invertir na mellora das instalacións e unha escola para os xóvenes.

COOPERATIVAS POTONG E SELIMBONG  (DARJEELING, INDIA)

É o orixen da maioría dos tés verdes biolóxicos que temos,están formados por máis de 400 familias. Gracias o comercio xusto, estas familias dispoñen de servizos básicos, como acceso a educación e a sanidade, igualdade de xénero, e prohibición do traballo infantil.







No hay comentarios:

Publicar un comentario