Este próximo sábado 6 de xullo celébrase o día internacional das cooperativas coa lema: as cooperativas mantéñense fortes en tempos de crises.
As cooperativas son participativas e equitativas, teñen unha importante vocación social e o seu funcionamento e a toma de decisións son democráticos e transparentes. Estes valores son algúns dos que definen, tamén, ao Comercio Xusto. Por iso é polo que moitas das organizacións de Comercio Xusto tanto no Sur como do Norte sexan cooperativas.
Ao dar a maior prioridade ás necesidades humanas, as cooperativas responden ás crises actuais de sustentabilidade e ofrécennos unha forma distinta do “valor compartido”. Situando ás persoas por diante do beneficio económico.
Un exemplo da boa saúde das cooperativas de comercio xusto atopámolo en CECOCAFEN, en Nicaragua, que aglutina a 11 pequenas cooperativas nas que traballan máis de 2000 agricultores de café biolóxico. A organización ofrece formación e asesoría técnica aos socios, facilita o procesamiento do café e asegura o seu comercializaCIÓN.
Asimesmo, a organización leva a cabo numerosos proxectos educativos, sociais
e medioambientales na comunidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario