Ante as diferentes opcións de consumo, as organizacións de Comercio Xusto lembramos a importancia de fomentar a conciencia crítica dos consumidores de maneira que sexan conscientes da procedencia dos artigos que adquiren e as condicións nas que se produciron. Na cadea comercial o cliente é quen ten a capacidade de elixir e, por tanto, de consolidar unhas determinadas formas de produción ou outras.
No Comercio Xusto respétanse os dereitos das persoas que os elaboran. Desta maneira favorécese que as persoas poidan desenvolverse dentro das súas propias comunidades.
¿Sabes por que se celebra o día mundial do consumidor o 15 de marzo?
O 15 de marzo de 1962 o presidente dos Estados Unidos neses momentos, John F. Kennedy, anunciou os dereitos de todos os consumidores e cominou a convocar todos os 15 de marzo seguintes o Día Mundial do Consumidor. Unha xornada para promover os dereitos fundamentais de todos os consumidores, para esixir que os seus dereitos sexan respectados e protexidos, e para protestar contra os abusos do mercado e as inxustizas sociais que os socavan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario