Palam Rural Centre
Cooperativa formada por un grupo de familias Harijan, das castas máis baixas da sociedade hindú, no estado de Tamil Nadu, ao sur da India, os intocables. Os traballos realizados por estes grupos estiveron ligados aos elaborados en pel e afines. Malia ser considerado un dos peores traballos na sociedade hindú, para eles supuxo unha gran liberación do seu estado de pobreza absoluta.
Logo de 18 anos producindo para as redes de Comercio Xusto, conseguiron levantar un centro médico e escolas, algo impensable para esta casta noutros tempos. Isto permitiu a algúns fillos dos membros realizar estudos de grado medio.
Productos: derivados da pel ( bolsos, carteiras, cinturons, sandalias,..) e xabóns
A finalidade do Comercio Xusto é combater a pobreza dos pobos máis desfavorecidos de América Latina, África e Asia. Ademais da ausencia de explotación infantil, os outros criterios que o definen son o pago dun salario adecuado aos traballadores, o mesmo para eles e elas pola mesma tarefa, condicións de traballo dignas, e a protección da contorna natural. En España existen 130 tendas e puntos de venda de Comercio Xusto e 11 tendas on-line gestionados polas organizacións membro da CECJ.
Fonte: Coordinadora Estatal de Comercio Xusto
No hay comentarios:
Publicar un comentario